O Club de Atletismo Ría de Foz organiza unha reunión informativa
AMariñaXa
O Atletismo Ría de Foz organiza para o 1 de outubro unha reunión aberta a todas as persoas interesadas no proxecto da nova tempada.
29 sep 2021
O Atletismo Ría de Foz organiza para o 1 de outubro unha reunión informativa aberta a todas as persoas interesadas no proxecto da nova tempada.
O tema central da reunión será a planificación do Club de cara á tempada 2021/2022 cos nenos e adultos, e falarase das novidades, dos horarios de adestramento, do calendario das probas nas que se participará, equipacións, resolución de dúbidas, etc.
A reunión será na casa da cultura de Foz ás 20.00 horas. Para máis información haberá que chamar ao 659 996 670.