O Club Baloncesto Ría de Ribadeo organiza o I Trofeo Triangular Illa Pancha

AMariñaXa
O Club Baloncesto Ría de Ribadeo en colaboración co Concello ribadense organizan o I Trofeo Triangular Illa Pancha.
I trofeo Illa Pancha triangular 2023
30 Ago 2023

O Club Baloncesto Ría de Ribadeo en colaboración co Concello ribadense organizan o I Trofeo Triangular Illa Pancha.

Este torneo será os días 1, 2 e 3 de setembro no pavillón municipal de Ribadeo e no que se darán cita tres equipos da máxima categoría nacional da Liga Endesa: Perfumerías Avenida, de Salamanca; Araski, de Vitoria; e Ensino, de Lugo. Así como as categorías inferiores de cada club.

Así, o venres 1 ás 17.30 horas comezará co primeiro partido entre Araski e CB Navia infantil e o cadete feminino e ás 20.00 horas será o Araski e o Durán Maquinaria Ensino LF Endesa.

O sábado 2 ás 12.00 horas enfrontarase o Araski e o CB Burela infantil feminino, ás 17.30 horas será o Araski e o Durán Maquinaria Ensino infantil feminino e o Araski e o Durán Maquinaria Ensino cadete feminino. Pola noite ás 20.00 horas será a quenda do Perfumerías Avenida e o Araski de LF Endesa.

Na xornada do domingo será a quenda do Durán Maquinaria Ensino e o CB Navia infantil e cadete femino ás 10.15, e ás 12.30 horas será o derradeiro partido do Durán Maquinaria Ensino e o Perfumería Avenida de LF Endese ás 12.30 horas.

I trofeo Illa Pancha triangular 2023
0.19776892662048