O Club Bádminton O Cembedo colleita oito medallas no torneo Villa de Vegadeo

O Club Bádminton O Cembedo volveu amosar o seu excelente nivel competitivo no torneo TOP TTR Villa de Vegadeo, celebrado esta fin de semana na localidade asturiana. Once xogadores do club participaron nesta cita, que reuniu a deportistas de diferentes categorías e niveis, e regresaron con oito medallas no seu palmarés: catro de prata e catro de bronce.
As parellas Luisa e Isa en Damas Femininas A1, Pedro e María José en Dobres Mixtos B2, Merce Lago e María José en Damas Femininas C2 e Marta e Jorge en Dobres Mixtos C2 acadaron a medalla de prata tras uns encontros moi disputados. Pola súa banda, os dúos Luisa e Iván (DX B2), Juan e Iván (DM A2), Mer Ballesteros e Marta (DF C2) e Merce Lago e Vergara (DX C2) completaron o cadro de honra cun total de catro bronces.
Desde o club destacaron “a regularidade e o compromiso dos xogadores”, así como o gran ambiente deportivo vivido durante toda a competición. Ademais, fixeron unha mención especial para os debutantes Paco e Mario, que participaron no seu primeiro torneo federado, deixando boas sensacións e amosando unha prometedora progresión.
A cita de Vegadeo serviu tamén como preparación para os próximos compromisos da tempada, nos que O Cembedo espera seguir sumando éxitos. A seguinte parada será o sábado 8 de novembro en Castropol, onde o club vivariense volverá representar á Mariña con ilusión e entrega.