O Club Bádminton O Cembedo brilla en Xixón con sete podios no XVIII Open Ciudad de Gijón

O Club Bádminton O Cembedo de Viveiro continúa sumando éxitos nas pistas. Este sábado 17 de maio, nove xogadores da entidade desprazáronse ata o pavillón La Tejerona, en Xixón, para participar no XVIII Open Ciudad de Gijón, unha das probas consolidadas do calendario bádminton asturiano.
O balance non puido ser máis positivo: sete medallas repartidas en diferentes categorías e modalidades, confirmando o bo momento competitivo do club mariñao. As parellas formadas por Jorge e Javi (Athlos) e Marta e Dolo (Athlos) proclamáronse campións en DMC2 e DFC1, respectivamente. Ademais, Marta e Jorge subiron de novo ao podio cunha prata en DXC1, mentres que Iván e Juan Giz conseguiron outro segundo posto en DMB1.
O palmarés completouse con tres bronces: Isabel e Luisa en DFB1, María José e Montse (Bádminton Occidente) en DFC1, e a dupla mixta Luisa-Iván en DXB2.
A próxima cita para o club será en casa, o sábado 22 de xuño, coa organización dun TTR N7 en Viveiro, un torneo que reunirá a xogadores e clubs de toda Galicia.