O Club Bádminton O Cembedo brilla en Cedeira cunha choiva de medallas

AMariñaXa
A entidade viveiresa colleitou seis podios no Torneo TOP TTR Sénior, con dous ouros, unha prata e tres bronces
Viveiro-Cembedo-badminton-2025
28 Jul 2025

O Club Bádminton O Cembedo de Viveiro asinou unha destacada actuación no Torneo TOP TTR Sénior celebrado onte en Cedeira, onde os seus deportistas acadaron un total de seis medallas, consolidando así o bo momento da entidade.

Os resultados máis salientables chegaron na modalidade de dobres mixtos, coa parella formada por Marta e Jorge, que acadou a medalla de ouro na categoría C2-D. Tamén no alto do podio rematou Jorge, nesta ocasión xunto a Javi, xogador do club Athlos, en dobres masculinos categoría B2-C2-D.

A prata chegou da man de Marta e Dolo, tamén de Athlos, en dobres femininos A1-A2-B1-C2-D, nunha final moi igualada. Ademais, houbo tres medallas de bronce: unha para Iván en individual masculino A1-B1-B2; outra para Jorge en individual masculino C2-D-SV; e a terceira para a parella formada por Juan e Iván en dobres masculinos B2-C2-D.

Desde o club viveirés felicitaron a todo o equipo polo seu esforzo e implicación, destacando “o alto nivel amosado por todos os participantes”. O Cembedo continúa sumando éxitos e consolidándose como un referente do bádminton na Mariña.

⚙ Configurar cookies
0.21262907981873