O Club Atletismo Ribadeo suma unha prata e un bronce en Media Maratón
O Club Atletismo Ribadeo acada unha prata e un bronce no XXXII Campionato Xunta de Galicia de Media Maratón 2024, disputado en Vilagarcía de Arousa. O club desprazou ata aló a un equipo de cinco atletas para participar na competición, na que estaban inscritos, segundo trasladan, 368 atletas. Máis aló das dificultades físicas e mentais, o forte vento durante a xornada foi moi protagonista.
Así, Pablo Fernández Díaz proclamouse subcampión galego sub-23 M, de media maratón, conseguindo a prata cun tempo de 01:29:45. Kevin López Orosa firmou un bronce na categoría sub-20 M, cun tempo de 01:31:14.
O equipo estivo completado polas "boas actuacións", segundo indica, o club de Marcos Gómez Pérez, cun tempo de 01:30:12, acadando o posto 13° M35M; de Yago Freije Mariño, con 01:33:57, no posto 27° SNM; e de Emilio Ramón Fernández Rodríguez, con 01:51:44, no posto 6° M60M.