O club Atletismo Ribadeo sobe ao máis alto do podio no Desafío Costa Tapia

AMariñaXa
Sete atletas do Club Atletismo Ribadeo desprazáronse ata Tapia de Casariego para participar no Desafío Costa Tapia 2024, no que se podía participar en dúas opcións: 14Km e 5km ou en ambas modalidades e así entrar na categoría Desafío.
club_atletismo_ribadeo
6 Maio 2024

Sete atletas do Club Atletismo Ribadeo desprazáronse ata Tapia de Casariego para participar no Desafío Costa Tapia 2024, no que se podía participar en dúas opcións: 14Km e 5km ou en ambas modalidades e así entrar na categoría Desafío. O equipo optou por participar na proba Sspeed Trail 14km, conseguido estar todos representados no podio, tanto na categoría absoluta como por categorías.

Deste xeito, Marcos Conde LLenderrozos coa marca de 0:53.51 a 03:51/km logrou dous podios: 2º absoluto e 1º M40M. Brais García González (0:53.59 a 03:52/km) tamén logrou un 3º posto absoluto eun 1º Sub 18M.

Pola súa parte, Villu Gómez Pérez (0:57.25 a 04:06/km) acabou segundo na categoría M35M e sexto absoluto; Yago Freije Mariño (0:58.53 a 04:13/km) foi primeiro SNM e 10° absoluto e Janfri García Fernández (1:00.11 a 04:18/km) foi segundo M45M e 13º absoluto. Lourdes López Villar (1:08:21 a 04:53/km) tamén se fixo con dous podios: un terceiro posto na categoría absoluta e primeira SNF, mentres que Sonia González Valea (1:10.42 a 05:03/km) quedou segunda M45F e 31° na modalidade absoluta.

0.18649005889893