O Club Atletismo Lourenzá logra catro medallas nos campionatos galegos de pista ao aire libre
TerraChaXa | AMariñaXa
O ribadense Pablo Fernández García e o mindoniense Juan Méndez Paz, compoñentes do Club Atletismo Lourenzá, lograron dúas medallas cada un nos campionatos galegos de pista ao aire libre celebrados en Bastiagueiro.
11 Xuño 2019

Pablo Fernández García proclamouse campión galego da categoría M50 na proba de 1.500 metros lisos, cun tempo de 4 minutos, 55 segundos e 98 milésimas; e conseguiu a medalla de prata nos 5.000 metros cun tempo de 18 minutos, 18 segundos e 37 milésimas.
E Juan Méndez Paz logrou o campionato galego da categoría M35 na proba de 400 metros valas, cun tempo de 1 minuto, 4 segundos e 82 milésimas; e conseguiu a medalla de bronce nos 200 metros lisos, cun tempo de 25 segundos e 82 milésimas.