O Club Atletismo de Ribadeo presenta nova equipación
TerraChaXa | AMariñaXa
12 Mar 2019
O Club de Atletismo de Ribadeo presentou a súa nova equipación nas últimas horas. Fíxoo nas inmediacións do Pazo de Ibáñez. Xunto a membros e directivos do club ribadense estiveron tamén os seus patrocinadores: Caixa Rural e Seguros Axa.
O Club de Atletismo de Ribadeo, creado no ano 2006, está composto por medio cento de deportistas. Desde a directiva subliñan que “aquelas persoas amantes do atletismo, que poidan estar interesadas en formar parte do club ribadense, poden contactar con nós a través do noso facebook”.
A nova equipación do Club de Atletismo de Ribadeo estreouse con éxito no Campionato Galego de Atletismo Máster.