O CIM achegará o seu servizo móbil á Praza dos Fornos da Pontenova o 27 de xullo

AMariñaXa
O Centro de Información ás Mulleres ofrecerá atención e información en horario de mañá, entre as 9.30 e as 14.00 horas
CIM MÓBIL
21 Jun 2026

O Centro de Información ás Mulleres (CIM) desprazará o seu servizo móbil ata A Pontenova o vindeiro 27 de xullo, onde atenderá á cidadanía na Praza dos Fornos nun horario de mañá comprendido entre as 9.30 e as 14.00 horas.

Esta iniciativa permitirá achegar os recursos e servizos do CIM ás veciñas e veciños da localidade, facilitando o acceso á información, o asesoramento e a participación nas distintas actividades que desenvolve este servizo.

Desde a organización destacan que se trata dunha boa oportunidade para achegarse ao punto de atención, resolver dúbidas e coñecer de primeira man o labor que realiza o centro no apoio ás mulleres.

O servizo móbil busca así reforzar a proximidade co territorio e mellorar a accesibilidade ás súas prestacións, especialmente en concellos do ámbito rural.

0.12556910514832