O CIFP Porta da Auga organiza unha xornada sobre envolventes de fachadas non ventiladas

AMariñaXa
O CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, organiza unha xornada práctica sobre envolventes de fachadas non ventiladas
xornadas nvolventes de fachadas no ventiladas cifp porta auga 1
xornadas nvolventes de fachadas no ventiladas cifp porta auga 1
30 Nov 2022

O Departamento de Edificación e Obra Civil do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, en colaboración coas empresas Pulmor e Construdeco, organiza unha xornada práctica sobre envolventes de fachadas non ventiladas, concretamente do sistema Pulmor Sate. Será este venres, día 2 de decembro, de 18 a 20 horas, nas instalacións deste centro educativo ribadense. É unha xornada aberta ao público en xeral, a participación gratuíta e os asistentes compartirán un aperitivo. Os interesados en participar deben enviar un correo electrónico á dirección mendezdeandes@edu.xunta.gal.

O xefe do Departamento de Edificación e Obra Civil do CIFP Porta dá Auga, José Méndez de Andés, explica que “é unha formación teórico práctica sobre un sistema de illamento técnico exterior coñecido como Sate, que é un sistema de illamento envolvente para as fachadas, tanto de edificios como de vivendas unifamiliares. O propósito deste sistema é principalmente para a rehabilitación de vivendas que non teñen un asilamiento adecuado, para que queden ben illadas e teñan unha eficiencia enerxética apropiada á situación actual, o que levará consigo o aforro en calefacción e demais gastos que conleva ter un mal illamento nas fachadas”.

José Méndez de Andés engade que “a empresa que vén dar esta formación chámase Pulmor, que vén a través de Construdeco, e pode asistir á xornada calquera persoa que queira ver está formación con demostración e os participantes poderán facer unha pequena práctica de como se aplica este tipo de material. Aos que queiran asistir pedímoslles que nos avisen previamente porque ao final vaise a ofrecer un pequeno aperitivo por parte do centro para todos os participantes”.

A formación correrá a cargo do delegado para a zona norte da empresa Pulmor e dun técnico aplicador.

xornadas nvolventes de fachadas no ventiladas cifp porta auga
0.18041205406189