O centro sociocultural de Alfoz ofrece un obradoiro de educación emocional e técnicas de relaxación

AMariñaXa
O centro sociocultural de Alfoz ofrece un obradoiro de educación emocional e técnicas de relaxación o 24 de maio.
14 Maio 2024

O centro sociocultural de Alfoz ofrece un obradoiro de educación emocional e técnicas de relaxación o 24 de maio. Durante a sesión, que será impartida por Ana Belén Vieito Agra, pedagoga e guía Montessori, abordarase a importancia de identificar cales son as fontes de estrés  así como os síntomas e efectos do estrés e a ansiedade na nosa vida diaria.

Tamén se darán a coñecer estratexias que permitan lograr unha adaptación óptima a calquera situación de cambio e/ou transición vital, como por exemplo unha enfermidade, dolo, rupturas familiares, etc. e na última parte da sesión practicaranse técnicas de relaxación, meditación e concentración. As inscricións faranse ata o 22 de maio na casa do Concello de Alfoz ou no teléfono 982 558 001.

0.10153198242188