O centro social da Morás acolleu a penúltima tirada de bolos de Xove

AMariñaXa
O club de Bolos Xove celebrou esta fin de semana a penúltima tirada no centro social de Morás onde participaron 26 xogadores.
11 Mar 2022

O centro social de Morás acolleu a penúltima tirada desta XXXIII edición do campionato municipal de bolos de Xove no que xogaron 26 inscritos.

No tocante a liga sénior masculina Miguel López renovou o seu título, terceiro consecutivo na máxima categoría. O seu dominio na categoría é incontestable e aos números hai que remitirse: das 9 últimas tiradas celebradas gañou 8 máis un terceiro posto. Sencillamente, impresionante. Pois ben, se na primeira volta foi Francisco Pérez quen levou a voz cantante, e que tivo a desgraza de ter unha lesión a finais do pasado ano, o que lle restou posibilidades para o triunfo final, na segunda volta, ademáis da exhibición de Miguel, foi o seu compañeiro de promoción Daniel Alonso quen mantivo a emoción do campionato, deixando tamén pechado ao seu favor  o segundo posto final. Queda claro o relevo xeneracional, xa que hai 4 temporadas Miguel e Daniel estaban pelexando na catergoría inferior.

Pois ben, falando de relevos xeneracionais, por detras temos outros dous xogadores, actualmente na categoría Sub 16 e que apuntan moi alto; tanto Xenxo Salgueiro coma Christian Cociña levan unha traxetoria moi boa; se seguen con esta progresión no seu  xogo, non tardarán moito en despuntar na categoría senior e sumarse a Miguel e Daniel no dominio deste xogo nos vindeiros anos.

Se o 1º  e 2º postos xa están pechados, quedan por dilucidar os restantes, dado que en canto a premios finais, nesta categoría os 12 primeiros da clasificación reciben premio en metálico e trofeo.  Para o 3º posto final Francisco Pérez (96 puntos), Rafael González (93) e Jordi Meitín (90) pelexarán na tirada do vindeiro sábado no Centro Social de Vilachá. As restantes posicións ata a 12ª inda poden mudar.

Na liga sénior feminina tanto Belén Meitín como Carmen Roca aseguraron nesta tirada a segunda e terceira posición final respectivamente. Nesta categoría hai 5 premios finais, e neste momento Salomé Bermúdez 29 puntos, Concepción Piñeiro 28 puntos e Dolores Baño 25 vanse disputar esas dúas prazas restantes (4ª e 5ª) que dan lugar a premio e trofeo na vindeira e última tirada.

Na sub 16 a victoria de Christian Cociña impidiu a proclamación de Xenxo como novo campión da categoría. Os 7 puntos de ventaxa de Xenxo son prácticamente insalvables para Christian. Só no caso de que Xenxo non participase na tirada de Sumoas e gañase Christian coa mellor bolada podería proclamarse este como campión. Para Xenxo é a última oportunidade de obter o título nesta categoría xa que para temporada vindeira ten que pasar á categoría senior. 

A última tirada vai celebrarse no Centro Social de Vilachá o vindeiro sábado 12 de marzo e entregaranse os premios e trofeos.

Así, foron os resultados:

Sénior

Campión: Miguel López Formoso

Subcampión: José Rafael González Bermúdez

Terceiro: Marcelino Rodríguez Álvarez

Sénior maiores de 60

Campión: Marcelino Rodríguez Álvarez

Subcampión: José López Riveira

Terceiro: José González Rodríguez

Sub16

Campión: Christian Cociña Gonzále

Subcampión: Xenxo Salgueiro Franco

Terceiro: Jordi Cancelos López

Feminina

Campiona: Julia López Formoso

Subcampiona: Carmen Roca Corral

Terceira: Belén Meitín Rouco

0.076941967010498