O Centro Medioambiental de Burela presenta un programa para celebrar a Bandeira Azul

AMariñaXa
s actividades inclúense no marco dos campamentos Somos Verán, que se están a celebrar no CEIP Virxe do Carme
Actividades-Bandeira-Azul-Burela
Actividades-Bandeira-Azul-Burela
10 Xul 2024

O Centro Medioambiental Gaia do Concello de Burela organiza unha serie de actividades para celebrar a súa obtención, un ano máis, do distintivo da Bandeira Azul. As actividades inclúense no marco dos campamentos Somos Verán, que se están a celebrar no CEIP Virxe do Carme dende o pasado día 1 de xullo.

Comezouse cunha ruta praia do Portelo, que tamén conta con Bandeira Azul, e despois se realizou un xogo con toda a cativada para promover a reciclaxe e a recollida de lixo. A actividade repetirase nos campamentos ao longo do verán.

A concelleira responsable do centro Lina Gómez destaca que “a obtención da bandeira azul anímanos a seguir facendo actividades coma esta, coas que se promove a conciencia medioambiental entre a cativada e toda a veciñanza de Burela”.

0.18330311775208