O centro de interpretación da Basílica de San Martiño, en Foz, terá un punto sobre o románico

Foz
AMariñaXa
O Concello de Foz está a crear un punto de estudo e consulta sobre o románico no centro de interpretación da Basílica de San Martiño
Fran cajoto e chema linares Centro interpretacion basilica
7 Sep 2022

O Concello de Foz está a crear un punto de estudo e consulta sobre o románico no centro de interpretación da Basílica de San Martiño. O concelleiro de Turismo, Chema Linares, explica que “se trata dun pequeno espazo onde calquera que teña interese poida consultar distintas obras sobre o románico. E este é o lugar perfecto para a súa ubicación, tendo unha xoia do románico como é a Basílica”.

Chema Linares engade que o obxectivo “é ter un fondo bibliográfico sobre o románico en xeral e sobre o de San Martiño en particular. Trataremos de recompilar todo o material que poidamos: libros, tratados, escritos, revistas, etcétera; en definitiva, publicacións varias sobre á temática do románico. Xa se están pedindo fondos á distintos organismos e institucións como a Deputación, Estudios Mindonienses, etcétera, e estamos abertos a todo tipo de doazóns para nutrir os andeis, polo que facemos un chamamento a todos aqueles que queiran contribuír a este fondo para que doen as súas obras no propio centro”.

O edil de Turismo destaca que “dende o inicio do mandato estamos potenciando o centro de interpretación da Basílica de San Martiño con ampliacións de contidos das salas, charlas ou conferencias sobre esta temática ou sobre o Camiño do Mar. Este é un paso máis”.

0.17690801620483