O Centro Cultural Santa Emilia acolle un recital que propón unha viaxe musical polo século XX

AMariñaXa
Co dúo conformado por Carolina Bardas Rodríguez e Nicolás Ravelli, director da orquestra Sinfónica de Xove
mondoñedo-mezzosoprano
15 Dec 2024

O Centro Cultural Santa Emilia de Mondoñedo acolle o recital ‘La canción de cámara- Ravelli & Bardas’, que explora a esencia da canción de cámara latinoamericana.

O dúo conformado pola mezzosoprano Carolina Bardas Rodríguez e o pianista e director de orquestra, mestre Nicolás Ravelli -director da orquestra Sinfónica Xove- levaranos nunha viaxe musical a través de Venezuela, Colombia, Brasil, Uruguai e Arxentina, interpretando obras de destacados compositores do século XX.

Esta velada celebra a fusión de tradicións folclóricas latinoamericanas coa riqueza da música académica europea, ofrecendo unha experiencia sonora única. Terá lugar o 27 de decembro ás 20.00 horas no Centro Cultural Santa Emilia.

0.16610479354858