O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta polo Black Friday

AMariñaXa
Ofrecendo fantásticos descontos en diversos artigos do comercio local
mercar-comprar-bolsas-comercio-1
27 Nov 2024

O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na sua cidade. Pon en marcha este venres 29 e o sábado 30 de Novembro a campaña 'Black Friday, Os mellores Descontos Mercando no comercio Local', un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.

Serán 37 negocios que realizarán descontos e promocións, participan tanto comercios como servizos, hai dende tendas de roupa, calzado, complementos, deportes, moda de nenos, lencerías, mercerías, ópticas, mobles e decoración, xoierías, cerámica, salóns de peiteado, tratamentos de beleza e ata promocións doces como descontos nas larpeiras. Un amplo abanico de negocios e sectores que fan que esta campaña sexa moi atractiva para mercar no comercio local.

"Unha oportunidade de vir a Viveiro a mercar, dando un paseo polas rúas do casco histórico, desfrutando das compras ó aire libre, parando a tomar un café ou un viño acompañado dun pincho na hostalaría da vila, desfrutar do ambiente do Black ca música nas rúas (que a teremos a través do fío musical) e levar as compras para a casa sen sufrir problemas de abastecemento ou entregas tardías...isto é Comercio Local. Trátase dunha excelente oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos 37 comercios participantes na campaña e desfrutar de multid¡tude de descontos en miles de artigos. Os descontos irán dende o 20 % ata o 50 % nalgúns casos", explican.

Os locais participantes estarán identificados cós distintivos da campaña, banderolas de cor negra de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da campaña de descontos. É moi importante lembrar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, a encargos ou a devolucións, xa que é unha campaña puntual organizada só para as vendas destes días. Esta campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia, dentro das axudas para a dinamización de Centros Comerciais abertos de Galicia.

0.16370391845703