O Centro Comercial Aberto de Foz entrega unha bandeira á afección do equipo de baloncesto

Foz
TerraChaXa | AMariñaXa
20 Jan 2019

O Centro Comercial Aberto de Foz fará mañá, sábado, entrega dunha bandeira de grandes dimensións destinada á afección do equipo de baloncesto local, o Celtas CCA de Foz. Será antes do encontro que os enfrontará en Marzán ao Allariz ás 18:00 horas.
A bandeira mide 54 metros cadrados (9x6) e servirá para animar aínda máis ao Celtas CCA de Foz, desde as bancadas do pavillón de Marzán. O equipo de baloncesto focense conta co patrocinio da ACIA/CCA focense. No acto de mañá, 19 de xaneiro, participarán o presidente, José Carlos Paleo, así coma o presidente do Celtas, Miguel Fraga, e directivos tanto de Acia como do club.

0.18339395523071