O Cenima de Foz acollerá a proxección do documental 'Xove, Democracia Nuclear'

Foz
AMariñaXa
A Deputación acolle este venres a estrea do documental Segadores da Órrea en Terras de Castela: unha historia de heroes.
Xove democracia nuclear Emilio López Milucho conversa con Pedro Lechuga (1)
2 Oct 2023

O Cenima de Foz acollerá o vindeiro 6 de outubro a proxección do documental 'Xove, Democracia Nuclear', que trata sobre a mobilización social contra o a construción dunha central nuclear en Xove.

Dirixido polo xornalista leonés Pedro Lechuga, o documental, que conta coa colaboración da Asociación de Prensa de Lugo, recupera as historias vividas na Mariña cando en novembro de 1973 se fixo público o proxecto a través dos medios de comunicación, recollendo quince testemuños de veciñanza, persoas vinculadas ao nacionalismo, ao Sindicato Labrego Galego, xornalistas e catedráticos, ademais do alcalde de Xove na época, Jesús López González.

Pedro Lechuga destaca a súa satisfacción polo resultado final deste traballo de investigación “xa que conseguimos contar coa participación dun gran número de protagonistas, o que achega ao espectador unha visión global do que se viviu na Mariña nas décadas setenta e oitenta e que é importante que non caia no esquecemento, motivo polo cal estamos moi agradecidos á vicepresidencia da Deputación de Lugo, xa que grazas á súa colaboración poderemos proxectar ‘Xove, Democracia Nuclear’ neses municipios lucenses”.

‘Xove, Democracia Nuclear’ forma parte do proxecto a nivel nacional ‘Democracia Nuclear’, que ten como obxectivo recuperar as historias das diferentes mobilizacións antinucleares xurdidas en España nos anos setenta. Neste sentido, hai uns meses xa se estreou nos cinemas ‘Coyanza-1975, Democracia Nuclear’, o documental que narra o acontecido na provincia de León en 1975 cando se coñeceu a intención da ditadura de construír unha central nuclear en Valencia de Don Juan.

0.15910983085632