O Cembedo logra un primeiro e dous terceiros postos no Torneo Sénior Medina del Campo
AMariñaXa
Esta fin de semana celebrouse o TOP Máster Sénior Medina del Campo N3, última proba a nivel nacional puntuable para o Campionato de España Sénior de primeiros de maio.
16 Abr 2024
Esta fin de semana celebrouse o TOP Máster Sénior Medina del Campo N3, última proba a nivel nacional puntuable para o Campionato de España Sénior de primeiros de maio.
A dito evento acudiron Marta Castro e Jorge Santamariña en representación do Club De Bádminton O Cembedo. Deste xeito, Jorge Santamariña e Javi Galicia acadaron un ouro en DM C2, mentres que Marta Castro e Jorge Santamariña fixéronse cun bronce en DX C2 e Marta Castro e Dolo Sarmiento tamén acadaron a terceira posición na DF C1.