O Cembedo brilla no Campionato Galego Sénior de bádminton con seis medallas

AMariñaXa
O club viveirense destaca en Ourense cunha prata e cinco bronces
Cembedo-campionato-senior-marzo-2025
18 Mar 2025

O pasado sábado 15 de marzo, o pavillón Mestre Vide de Ourense acolleu o Campionato Galego Sénior de bádminton, unha cita na que participaron 90 xogadores de toda a comunidade. Entre eles, dez deportistas do club viveirense O Cembedo, que lograron un destacado balance de seis medallas: unha de prata e cinco de bronce.

A medalla de prata foi para Luís Ramallal, que formou parella con José Juan Fernández (C.B. Cíes) na categoría DM D. Pola súa banda, os bronces foron para Mª José Montenegro e Pedro Esmorís en DX C1; Luisa Labayén en IF D-SV; Pedro Esmorís en IM C1; Marta Castro e Dolores Sarmiento (C.B. Athlos) en DF C1-C2; e Jorge Santamariña e Javier Galicia (C.B. Athlos) en DM C1-C2.

A próxima cita para os xogadores do Cembedo será en Medina del Campo, o primeiro fin de semana de abril, nun torneo preparatorio para o Campionato de España.

⚙ Configurar cookies
0.07154107093811