O Celeiro Club del Mar está a escoller a nova xunta directiva

AMariñaXa
A directiva do Celeiro Club del Mar de futbol informou de que teñen aberto a inscricións para novos xogadores.
19 Mar 2024

A directiva do Celeiro Club del Mar de fútbol informou que están a iniciar o proceso para elixir a nova xunta directiva. Así, poderanse presentar as candidaturas ata o 15 de abril.

Para presentar as candidatura tan só hai dous requisitos, ser socio do club e ser maior de 18 anos. O vindeiro día 15 de abril coas candidaturas presentadas acordarase unha data para amosar os proxectos e realizar a votación.

De non presentarse ningunha candidatura se lle daría unha semana de prazo ás presentacións e despois convocaríase unha asemblea extraordinaria.

0.10207295417786