O Celeiro Club del Mar denuncia que alguén está a pedir diñeiro no seu nome
AMariñaXa
A directiva do Celeiro Club del Mar de futbol vén de comunicar que unha persoa está a pedir diñeiro polas casas no seu nome
20 Out 2021
A directiva do Celeiro Club del Mar de futbol vén de comunicar que unha persoa está a pedir diñeiro polas casas no seu nome para organizar un torno e facer unhas camisetas.
Así, dende o club din que "están a prexudicar os nosos intereses así como manchando o noso nome dado que nos solemos pedir outras cantidades que xa saben os nosos colaboradores. Nos cando pedimos facémolo para que sexa mediante transferencia bancaria a nosa conta para que así figure o colaborador e o ingreso".
Os directivos piden que si "alguén se achega aos locais pedindo esa cantidade non somos nos. E se a alguén xa lle pasou, por favor póñanse en contacto con nos para poder denunciar a esa persoa".