O CEIP do Vicedo, alarmado polo agrupamento de cursos

AMariñaXa
As reunións co colexio, a ANPA e os concelleiros desenvólvense tras unha moción presentada no seu momento polos socialistas
ceip-o-vicedo-colexio
2 Oct 2024

En setembro, os concelleiros do Vicedo volvéronse xuntar coa corporativa do colexio, coa ANPA e coa directora do centro para ver as carencias e necesidades que tiñan, xa que estaban demandando un profesor e tiñan pendente a instalación dun columpio adaptado. Estas reunións desenvólvense tras unha moción presentada no seu momento polos socialistas para tratar posibles temas de intereses do colexio.

Dende o centro tamén comunicaron o malestar que tiñan xa que os cursos de 4º,5º e 6º están xuntos, candos os materiais que están a usar non teñen nada que ver. Deste xeito, en 4º utilizan libros de texto e o resto ten o programa Edixgal. Por outra banda, a voceira do PsdG no municipio, Verónica Canoura, tamén tentou rexistrar unha moción para dar solución ao canon de Sogama xa que se trata dunha cuestión que afecta aos intereses da veciñanza.

“Aínda que a rexistrei a tempo non a meteron na Orde do día, así que metina como urxencia, pero tamén o rexeitaron, como se non fora un tema importante”. Deste xeito, dende a formación política e sabendo os problemas existentes en canto a Educación, Sanidade, Portos de Galicia e Servizos Sociais, pedíronlle ao Goberno local “realice as xestións oportunas cos responsables da Xunta de Galicia e busque unha solución para os seus veciños”.

0.16512703895569