O CEIP de Riotorto pechou o curso cun almorzo saudable

TerraChaXa | AMariñaXa
Esta iniciativa, impulsada polo Consello en colaboración coa Axencia Galega da Calidade Alimentaria, busca fomentar os hábitos alimentarios saudables entre os máis pequenos
ceip-de-riotorto
20 Jun 2026

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, asistiu a un dos almorzos saudables que se están a levar a cabo no CEIP Plurilingüe de Riotorto. Con esta iniciativa, impulsada polo Concello en colaboración coa Axencia, promóvense os hábitos alimentarias saudables entre os máis pequenos.

A través destes almorzos refórzase o apoio e recoñecemento aos produtos agroalimentarios de proximidade, así coma a aqueles amparados por selos de calidade diferenciada. Entre eles atópanse os enmarcados dentro de Artesanía Alimentaria e Agricultura Ecolóxica; así como as denominacións de orixe protexidas (DOP) e as indicacións xeográficas protexidas (IXP).

Con este tipo de actividades, dende a Consellería do Medio Rural anímase ao alumnado a coñecer este tipo de produtos e o propio labor dos produtores agrarios, educando ás novas xeracións nunha alimentación de calidade e de proximidade.

0.12578797340393