O CEIP de Covas resultou premiado no Concurso Nacional de Boas Prácticas

AMariñaXa

O CEIP Plurilingüe de Covas resultou premiado no Concurso Nacional de Boas Prácticas, do Ministerio de Educación y FP.

7 ene 2023

O CEIP Plurilingüe de Covas resultou premiado no Concurso Nacional de Boas Prácticas, do Ministerio de Educación y FP. Con este galardón recoñécese o labor do centro polo seu desenvolvemento de proxectos que contribúen á mellora da calidade educativa.

No caso do centro viveirense o proxecto, Covasmola, foi recoñecido no ámbito da saúde integral cun premio de 10.000 euros.

O Concurso Nacional de Boas Prácticas serve para poñer en valor actuacións exemplares, de maneira que estas boas prácticas, consecuencia do esforzo compartido na procura da mellora na acción educativa, sirvan de modelo e inspiración a outros centros educativos, e os centros docentes non universitarios reciban o recoñecemento que merecen.