O CD Lugo e a SD Ponferradina enfrontaranse no XXXIII Trofeo Vila de Foz

Foz
LugoXa | AMariñaXa
O estadio Martínez Otero de Foz acollerá o XXXIII edición do Trofeo Vila de Foz, na que se enfrontarán o CD Lugo e a SD Ponferradina.
trofeo vila de foz 2022 1
15 Xul 2022

O estadio Martínez Otero de Foz acollerá o XXXIII edición do Trofeo Vila de Foz, na que se enfrontarán o CD Lugo e a SD Ponferradina.

O partido será o sábado 16 de xullo ás 19.00 horas e está organizado polo club local e o Concello. A entrada xeral para asistir a este encontro será de 10 euros e a xove, para nenos de 10 a 16 anos, será gratis.

A venda de entradas no Martínez Otero será hoxe de 18.00 a 20.00 horas e o sábado de 11.00 a 13.00 e desde as 17.00 ata o inicio do encontro.

O presidente do C.D. Foz agradeceu a disposición dos clubs para participar deste día grande en Foz e continuar a historia deste trofeo que xa vai pola trixésima terceira edición.

Pola súa banda, a concelleira de Xuventude e Deportes, ademais de dar as grazas ao C.D. Foz pola organización e aos clubs por participar neste fermoso evento, nun día tan especial para todas as focegos e focegas, animou a achegarse a gozar do gran fútbol que seguro que amosarán estes dous equipos aos que lles desexamos unha tempada chea de éxitos.

0.17466592788696