O CD Foz volve á competición a mediados de mes

AMariñaXa
Un equipo remodelado dende o banco dará inicio o 19 de setembro a tempada na que se intenta recuperar a normalidade despois da covid.
CDFOZ
30 Aug 2021

Un equipo remodelado dende o banco dará inicio o 19 de setembro a tempada na que se intenta recuperar a normalidade despois da covid.

O conxunto estará este ano ás ordes de Bebo, que foi nombrado adestrador no mes de xuño trala renuncia de Javi Chinchón. Eusebio Moreda, que xa dirixiu o equipo noutras ocasións fixo numerosos cambios.

Mantéñense do ano pasado o porteiro Rubén Castro, o defensa Noceda e os dianteiros Gonzalo, David Ben e Xesús.
Ademais, únense nesta edición, o gardameta Alonso; os zagueiros Roi Caballero, Rivera, Iván Croa e Cristian; os medios Dani Chao, Andrés Bustelo, Canaro, Alberto e Raúl; e para o ataque contarán tamén con Diego Chao, Xenxo e Manupa.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17616581916809