O CD Egovarros de Viveiro organizará a tradicional carreira de San Silvestre

AMariñaXa
O club de atletismo CD Egovarros de Viveiro en colaboración co Concello organizan a tradicional carreira de San Silvestre da vila
san silvestre 2019 viveiro 1
15 Dec 2021

O club de atletismo CD Egovarros de Viveiro en colaboración co Concello organizan a tradicional carreira de San Silvestre da vila que será o 31 de decembro ás 16.00 horas.

Esta proba deportiva dará comezo coas carreiras de categorías de menores, para despois ás 17.00 comezar a carreira absoluta de 4 quilómetros.

A saída e a meta estará situada na praza Maior, e as inscricións poderán facerse ata o 29 no email egovarros@gmail.com ou no teléfono 982 59 81 60.

Os nenos participantes recibirán unha medalla conmemorativa da carreira e na absoluta haberá un sorteo de regalos ao remate.

Ademais recolleranse donativos en metálico e comida para os animais.

san silvestre viveiro 2021
0.094349145889282