O CCH de Viveiro prepara a Shopping Weekend con fantásticos descontos

AMariñaXa
O CCHde Viveiro aposta unha vez máis por  impulsar as compras e o ocio na sua cidade. Será durante o venres 5 e o sábado 6 de novembro
cch viveiro descontos weekend 1
4 Nov 2021

O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por  impulsar as compras e o ocio na sua cidade. Pon en marcha este venres 5 e o sábado 6 de novembro a campaña Shopping Weekend, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en  miles de artigos.

Unha oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos 46 comercios participantes na campaña e desfrutar de descontos do 20% en  miles de artigos. Participan locais de moda de home, muller e nenos, calzado,  complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles e decoración, agasallos, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, telefonía,  librerías e papelerías, estancos, perruquerías etc. 

Os locais participantes son Raquel Seijido, Moviltom; Muebles Sampe, Vogue, Podium Sport, Irimia Paquetería, Nacar, Óptica Casariego,Van Surf Sneakers, Tacones,Van Surf Shop, Peluquería Richard XFavor, Esprit, Mimimó,Tienducho OP, Paquetería Mónica, Regal Porta da Vila, Albo Zapaterías, Misstic, Calzados Albo, Óptica Rosario, Albo 55 Sneakers, Confecciones Justo Vazquez, Piti Deportes, Kalea, Oxígeno Surf, Platax, Kerale Moda, La Óptica, Oscar Joyeros, Sulian Complementos, Mercería A Bolboreta, Estanco Casanova, Deportes Don Balón, Jonathans, Carnicería Mariño, Versus, Fontana, Baühaüs Decoración, Rockids, Bmd, Baamonde Style, Kandela Iluminación, Joyería Paleo, Canela Lencería, Cocolatte e Madrás.

Os locais participantes estarán identificados cós distintivos da campaña,  banderolas de color fucsia de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas  dos comercios, indicando o desconto do 20%, así como vinilos da mesma cor pegados nos escaparates. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar  aqueles locais nos que poderá desfrutar da campaña de descontos.

Haberá negocios como pode ser a carnicería, a peluquería ou as paqueterías,  que farán o 20% en artigos seleccionados. Nestes casos, disporán de carteis  nos escaparates especificando os artigos nos que se aplica o 20% de  desconto.  

O éxito desta campaña en anteriores edicións fai que poña en marcha unha  vez mais para ofrecer ó cliente a mellor calidade, variedade e prezo, sen ter  que desprazarse, mercando no comercio local, un comercio que ofrece un  trato persoal e profesional. 

E para aqueles clientes de localidades veciñas que non se poidan achegar  esta fin de semana a mercar a Viveiro, temos en marcha durante o mes de  novembro a campaña de Envíos Gratuítos a toda a Mariña e Ortegal,  garantindo que o mercado no comercio local chega a tempo e gratis.  

Para o pequeno comercio estanse a incrementar cada día máis as vendas a  través das redes sociais, o whatsApp ou a web aqueles que dispoñen dela, e  cós envíos gratuítos queremos facilitar aínda máis as compras para os nosos  clientes da Mariña e Ortegal.  

Pero si teñen oportunidade, invitamos a vir a Viveiro a mercar, dando un  paseo polas rúas do casco histórico, desfrutando das compras ó aire libre,  parando a tomar un café ou un viño acompañado dun pincho na hostalaría da  vila, desfrutar do ambiente do shopping ca música nas rúas, e levar as  compras para a casa sen sufrir problemas de abastecemento ou entregas  tardías...isto é Comercio Local. 

cch viveiro descontos weekend
0.19476890563965