O Campo da Vía contará cun novo espazo destinado ás actividades complementarias do Club de Atletismo de Ribadeo

AMariñaXa
O Concello instalará un novo espazo cuberto no Campo da Vía destinado ás actividades complementarias do Club de Atletismo local.
CAMPO DA VÍA NOVO ESPAZO CUBERTO ribadeo
25 Xan 2023

O Concello instalará un novo espazo cuberto no Campo da Vía destinado ás actividades complementarias do Club de Atletismo local. O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, asegurou que se atende así unha demanda dos deportistas que adestran nesa zona.

O edil ribadense explicou que “vamos dar cobertura a unha necesidade no ámbito do atletismo porque o club de Ribadeo fai os seus adestramentos e as súas labores de preparación no Campo da Vía, onde se practican tamén outros deportes, como o fútbol”.

Díaz Freije subliñou que “se trata dun novo espazo cuberto para reforzar e mellorar a práctica do atletismo, co que damos unha cobertura a unha necesidade básica pois así poderán exercitarse en temas específicos vinculados co atletismo, complementando e mellorando as actividades de ximnasio. Servirá de apoio tanto nos días crus de inverno como nos días de verán ou máis levadeiros durante todo o ano”.

O concelleiro de Deportes contou que “será unha estrutura metálica de 6 metros de longo por 6 metros de ancho por 3 metros de alto, que ten un custe de 12.000 euros”.

Jorge Díaz engadei: “pretendemos que nas vindeiras semanas estea xa posto para que o antes posible poida satisfacer as necesidades neste caso do club de atletismo de Ribadeo”.

Ata o Campo da Vía se desprazaron representantes do Club de Atletismo ribadense ademais dos concelleiros de Economía, Obras e Deportes, Pablo Vizoso, Mónica Freire e Jorge Díaz.

0.19952583312988