O campionato infantil e xuvenil 3x3 de fútbol de Burela será o 23 e 24 de agosto

AMariñaXa
Burela acollerá do 3 ao 5 de agosto un torneo 3x3 de baloncesto de todas as categorías masculinas e femininas
Presentación 3x3 burela
17 Ago 2023

O Concello de Burela organiza os próximos días 23 e 24 de agosto o campionato infantil e xuvenil 3x3 de fútbol, unha das actividades deportivas programadas para o verán.

Celebrarase na praza da Mariña e, se é necesario por mal tempo, trasladarase ao Pavillón dos Castros. Haberá competicións nas categorías sub 10, sub 12, sub 14, e sub 16, tanto masculino, como feminino ou mixtos.

O presentación do campionato correu a cargo de Mario Pillado, concelleiro de Xuventude; Carlos Méndez, concelleiro de Deportes, e Ivan Cao, técnico municipal de deportes.

“Unha das citas máis esperadas do verán, animamos a toda a mocidade a participar no campionato, nun ambiente festivo e de cordialidade”, asegura Mario Pillado, mentres que Carlos Méndez destacou “a importancia de fomentar o deporte e os hábitos de vida saudables durante todo o ano, tamén no verán”.

Os partidos comezarán ás 20:00 horas e as inscricións deben facerse na Casa da Xuventude de 9 a 13 horas (982 581 141).

Cartel 3x3 burela