O campamento de verán para nenos e nenas do municipio de Mondoñedo xa ten aberto o prazo de inscrición

AMariñaXa
Todas as persoas interesadas poderán apuntar aos seus pequenos de entre 3 e 12 anos ao campamento ata o vindeiro 21 de xuño
campamento-Mondoñedo
campamento-Mondoñedo
11 jun 2024

O Concello de Mondoñedo anuncia que, un ano máis, haberá campamento de verán para os nenos e nenas do municipio, concretamente para aqueles con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

Así, esta actividade lúdica de verán comezará o vindeiro 1 de xullo e rematará o vindeiro 6 de setembro, desenvolvéndose  nos baixos do colexio novo do CEIP Álvaro Cunqueiro Mora.

Desta maneira, todas as familias interesadas en que os seus pequenos formen parte desta iniciativa poderán inscribirse ata o vindeiro 21 de xuño nos servizos sociais do Concello de Mondoñedo.

Esta actividade está cofinanciada polo Plan Corresponsables da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.