O Burgo de Trasbar, en Cervo, acolle este sábado o VII Maratón de Tute

AMariñaXa
O Burgo de Trasbar acolle este sábado o VI Maratón de Tute, que contará con 32 parellas, e con máis de 1600 euros en premios.
2024 maraton tute Pascua de Trasbar Cervo
19 Mar 2024

O Burgo de Trasbar acolle este próximo sábado, 23 de marzo, o VII Maratón de Tute, desde as 16.30 horas.

Ademais, o domingo 31 de marzo, terá lugar a Festa da Pascua, con misa ás 13.30 horas, seguida dun xantar cuxo prazo de inscrición estará aberto ata o 24 de marzo. A comida será a base de callos con garavanzos, costela de porco asada, sobremesa, bebida, café e chupo por 25 euros para as persoas socias, e de 30 euros para as non socias; a metade para as crianzas de 5 a 9 anos.

A rexedora, Dolores García Caramés, e o edil de Zona Rural, Adrián Arias, achegáronse ata Trasbar, para presentar ámbalas dúas citas con representantes da asociación de veciños do Burgo de Trasbar, que organizan os eventos, coa colaboración do Concello.

Caramés aproveitou a ocasión para loar o traballo desta asociación que son un referente de dinamización activa do noso concello, “enchendo de vida o local social con diferentes actividades durante o ano”; neste senso –precisou- “desde o Concello de Cervo seguiremos implicándonos en todo canto estea na nosa man para que esta nutrida axenda lúdica-cultural se siga mantendo no tempo, sendo todo un éxito, como ata o de agora”.

0.16437196731567