O Burela FS segue cos movementos de xogadoras para esta vindeira tempada
O Pescados Rubén Burela FS comezou cos movementos de xogadoras para esta vindeira tempada na que xa comunicaron catro importantes renovacións.
Así, os goles no equipo das Guerreiras Laranxas seguirán asegurados coa brasileira Emilly Marcondes, que continuará defendendo o escudo na que será a súa segunda tempada en terras lucenses.
Emilly é unha das xogadoras máis valiosas da Liga e demostrouno tanto polo seu papel no seu anterior club, Torreblanca Melilla, como pola súa achega ó CD Burela FS na súa primeira tempada.
Outra das renovacións foi a de Dany, pivote e unha das xogadoras que máis anos consecutivos levan formando parte do persoal feminino do CD Burela FS. Tras un primeiro ano na tempada 2012/13, a hispano-brasileira reincoporabase ás filas do Burela na tempada 2015/16, sendo partícipe desde entón da mellor época deportiva do club.
Poucas peches hai no mundo do fútbol sala tan completas e coa calidade que desprega Cilene Pereira, a número 6 das Guerreiras Laranxas leva varias tempadas defendendo o escudo con gran éxito na pista e por iso desde CD Burela FS están orgullosos de anunciar a súa renovación.
O á-pivot madrileña, Peque, é unha mariñá mái e número 7 laranxa é todo un exemplo dentro e fóra da pista. Ademais de ser a capitá das Guerreiras Laranxas, Patricia González, é tamén un referente fora do campo apoiando valores compartidos con este club, como a loita polos dereitos das mulleres deportistas e a igualdade no deporte.
Tamén renova a gardameta hispano-brasileira Jozi que se converteu co tempo en todo un mito deste deporte, sendo pentacampeona do mundo e unha das principais valedoras de todo o que conseguiu o club desde a formación do equipo feminino. Falar de Jozi, é falar de toda unha lenda do fútbol sala.
A ofensiva do Burela seguirá sendo un perigo para todos os que se enfronten ó equipo da Mariña grazas a Jenny. En tres tempadas a portuguesa converteuse nunha figura crave do persoal, e demostra en cada xornada todo o que está disposta a dar polo equipo.
Irene Samper, co número 16, tamén renova e seguirá levando o laranxa esta tempada para seguir loitando coas Guerreiras.
Por outra banda, desde CD Burela FS anunciaron tamén a renovación de Cristina Lourés, unha das xogadoras galegas de fútbol sala con máis proxección na actualidade, que continuará ligada o noso club nos próximos anos. A xogadora galega estará cedida esta tempada en Viaxes Amarelle FSF, un club no que poderá seguir crecendo como xogadora mentres termina os seus estudos.
Dentro das novas fichaxes, Antía Pérez, á-pivote, é unha das xogadoras galegas da liga con máis proxección. Formouse nas categorías inferiores do Ourense Envialia, estivo varios anos competindo en Poio Pescamar e a campaña pasada defendeu as cores do Sala Zaragoza
O CD Burela FS anunciou a fichaxe da xogadora Patricia Ortega Medina, máis coñecida como Patri, e cuxo último ano pertenceu o persoal do STV Roldán.
Temén confirmaron a terceira xogadora internacional con España que este ano ficha polo equipo e convértense en prometedores reforzos para as Guerreiras Laranxas agora e no futuro. A porteira Caridad García, procedente do Poio Pescamar, é a elexida.
DESPEDIDAS
Chegou o momento de dicir adeus á varias xogadoras que logradron poñer no panoráma nacional e internacional ao equipo burelés. Así, a peche de 32 anos Camila Gadeia abandona o Pescados Rubén Burela FS tras cumprir a súa quinta tempada. Xogou con ilusión no proxecto do Pescados Rubén Burela ao longo destes anos.
Lara Balseiro, xogadora número 10, di adeus despois de 13 tempadas amosando unha gran calidade de xogo e deu bos momentos. Bea Mateos, xogadora co número 14 e que chegou a lucir o brazalete de capitá das Guerreiras Laranxas, despídese tras 9 anos do club demostrando contar cunha calidade de xogo única.
Outra triste despedida é a de Ale de Paz que viviu algúns dos momentos máis importantes do club xogando na posición de á co número 17, Elenita que se despide con intención de afrontar novos retos e seguir crecendo e evolucionando na súa carreira profesional, e Leticia M. Cortés, quen se uniu ao Pescados Rubén Burela FS hai dúas tempadas.
A gardameta, Sandra Buzón, defensora da portería do Burela, tamén se despide tras unirse ao persoal do Pescados Rubén na tempada 2020-21, e por último Elena Aragón, xogadora que ofreceu moito traballo e éxito, é outra das amargas despedidas do Burela.