O Burela FS abre a inscrición para as categorías de base

AMariñaXa
O Pescados Rubén terá a inscrición aberta ata o luns día 15 en alevín, infantil e cadete, de Autonómica, e de Preferente Galicia Feminina.
futbol sala de base burela
10 Mar 2021

Xunto ao xuvenil, en División de Honra, agora tamén se poderán sumar á competición outras 4 categorías para as que o Pescados Rubén Burela FS terá a inscrición aberta ata o vindeiro luns, día 15 en alevín, infantil e cadete, en Liga Autonómica, ademais de Preferente Galicia Feminina.

Para formalizar a matrícula tan só deberán cubrir os datos a través da web da entidade laranxa.

Cada equipo terá un máximo de 15 licenzas. Míchel Couceiro será o adestrador de Preferente e alevín, Mario Pillado estará á fronte do infantil e Christian Fustes dirixirá o cadete.

O inicio ligueiro está previsto para o 27-28 de marzo.

Para informarse poden escribir ao correo escuelasdeportivas@burelafs.org ou chamar ao número de teléfono 670321857.

0.14261889457703