O BNG vén de anunciar como cabeza de lista de Lourenzá a Belén Fanego Barreira

AMariñaXa
O BNG vén de anunciar como cabeza de lista de Lourenzá a Belén Fanego Barreira. A formación nacionalista continúa traballando
FOTO BELÉN FANEGO BARREIRA BNG lourenza
1 Abr 2023

O BNG vén de anunciar como cabeza de lista de Lourenzá a Belén Fanego Barreira. A formación nacionalista continúa traballando para levar a todos os concellos o proxecto BNG, un modelo de éxito, de bo traballo, de transformación e de  cambio como se está a ver alí donde o BNG tén responsabilidades de goberno.

Belén Fanego Barreira, traballadora do Sergas, da parroquia de San Adriano, e que foi concelleira na corporación laurentina entre os anos 1995 e 2003 preséntase a estas eleccións co convencemento de que o proxecto do Bng é necesario para o desenvolvemento de Lourenzá para poder aplicar políticas municipais que saquen rendemento para todas a este gran potencial que tén Lourenzá e todo o  Val. “Nós ofrecemos rigor, traballo, e sobre todo humildade e atención ás preocupacións da veciñanza e aos problemas que nos acheguen e queremos a participación de toda a sociedade para traballar conxuntamente na procura de solucións” afirmou Belén Fanego que tamén anunciou que en breve será presentado o resto da candidatura, formada por veciños e veciñas da vila e das parroquias comprometidos con Lourenzá.

FOTO BELÉN FANEGO BARREIRA
0.14646100997925