O BNG presenta a Miguel Gómez Fraga como candidato á Alcaldía do Vicedo

AMariñaXa
O BNG presenta a Miguel Gómez Fraga como candidato á Alcaldía de O Vicedo. Mantedor mecánico na factoría de Alcoa
MIGUEL FRAGA GÓMEZ   BNG  VICEDO
MIGUEL FRAGA GÓMEZ BNG VICEDO
25 abr 2023

O BNG presenta a Miguel Gómez Fraga como candidato á Alcaldía de O Vicedo. Mantedor mecánico na factoría de Alcoa e tamén gandeiro, este vicedense de 31 anos,  vinculado así mesmo ao mundo do motor a través de equipos de rally, lidera unha candidatura con ideas claras, con proxecto e vontade de sumar.

“Imos traballar coa máxima ambición e imos dar o mellor de nós. O noso obxectivo é obter o mellor resultado posible para levar adiante o noso proxecto municipal co que queremos liderar a mellora e o avance que desexamos para O Vicedo, para que teña un horizonte de futuro”  manifestou Gómez Fraga, que engadíu tamén que “somos conscientes que no noso concello hai persoas que queren, coma nós, o mellor para O Vicedo, polo que queremos dialogar, sumar e contar con quen tén boas ideas para mellorar a vida das veciñas e veciños e para facer valer os intereses do noso concello”

No número 2 figura Adrián Piñón Domínguez, que foi concelleiro tamén  na corporación vicedense. No numero 3 vai Xosé Penabade González e no 4 Susana Riveira, no seu día tamén concelleira do BNG. Continúa a lista con Jaime Baltar Infante no nº 5, Chus Polo Pigueiras no 6, Sandra Gómez no 7, Xosé Riveira Fernández no 8 e no 9, pechando a candidatura Néstor Rego Candamil, deputado no Congreso, vicedense e natural da parroquia de Cabanas.

“Para o BNG de O Vicedo é unha honra que Néstor nos acompañe na lista e colabore  con nós, pois o traballo que está a facer no Congreso polo país e pola nosa comarca é inmenso” manifestaron desde a asemblea local vicedense