O BNG do Vicedo denuncia o "deterioro" nos accesos de Area Grande, Xilloi e Abrela

AMariñaXa
O BNG do Vicedo da man do seu concelleiro Miguel Gómez Fraga denuncia o estado dos accesos, da caseta dos baños e a falta da limpeza na praia da Abrela
bng_o_vicedo
2 Aug 2024

O BNG do Vicedo da man do seu concelleiro Miguel Gómez Fraga denuncia o estado dos accesos, da caseta dos baños e a falta da limpeza na praia da Abrela. No pleno de xaneiro, o grupo xa destaca o estado dos accesos peonais da praia de Area Grande e tamén se pedían unha mellora da recollida do lixo. De novo falan da situación nas praias de Xilloi, Abrela  Arealonga, nos que, segundo aseguran, o “estado de deterioro” dos accesos peonais.

Enumeran “táboas soltas e rotas”. No caso de Arealonga, “necesítase repasar a baixada do aparcadoiro xa que os vehículos arrastran ao entrar e saír”. Por outra banda, a case dos baños, na Abrela, presenta “en si un estado de abandono”. Aseguran que a cuberta está chea de agulla de pino, “o que fai que a madeira sempre estea húmida e acabe por podrecer”.

Tamén afirman que os baño das mulleres está pechado e sinalan as deficiencias do servizo de recollida de residuos. No último pleno, os nacionalistas tamén defenderon a necesidade de instalar taboleiros e designar os lugares nos que se poñerán para facer as pegadas coa propaganda electoral. “As próximas eleccións serán as municipais en 2027, temos tempo para prepararnos. Os taboleiros poderían fabricarse no obradoiro”.

A formación política asegura que campaña tras campañas os distintos grupos utilizan todo tipo de lugares para colocar a propaganda electoral como parades de locais municipais, torretas da luz, eucaliptos ou marquesiñas, polo que rogan que se teña en conta esta petición. No pleno tamén se interesaron polo estado do centro de día, sobre a cobertura das prazas de médico no municipio e sobre se se cubriron as prazas de socorrista, entre outras cuestións.

0.16704487800598