O BNG de Ribadeo propón construír un campo de herba sintético no anexo do Pepe Barrera

AMariñaXa
No último pleno, o grupo municipal do BNG de Ribadeo conseguiu o apoio da corporación para instar ao Goberno municipal a iniciar os trámites
pepe-barrera-ribadeo-campo
26 sep 2024

No último pleno, o grupo municipal do BNG de Ribadeo conseguiu o apoio da corporación para instar ao Goberno municipal a iniciar os trámites para a construción dun campo de herba sintético no anexo do Pepe Barrera. Cos votos a favor do BNG e PSOE e a abstención do PP, o pleno da corporación municipal de Ribadeo decidiu aprobar a moción presentada polo BNG.

Segundo declarou Pablo Vizoso: “A construción dun novo campo de herba sintética é unha necesidade que vai aumentando ano a ano para Ribadeo. Era unha medida que levabamos no noso programa electoral e, inda desde a oposición, queremos ser útiles para a veciñanza, con propostas e ideas”.

Desde o grupo municipal teñen claro “que o mellor lugar para a esta instalación é o anexo ao Pepe Barrera, pola localización e pola facilidade de construción.” Vizoso engadiu: “Hoxe damos un pequeno paso nun proceso longo, pero moi importante para o futuro de Ribadeo e a súa práctica deportiva.”

0.073941946029663