O BNG de Ribadeo denuncia que as obras do Hospital-Asilo non van estar rematadas a tempo

AMariñaXa
Din que en 12 meses só se executou o 26,42 % do total da obra, "de aquí a marzo terían que executar un 74 %"
Hospital-Asilo-Ribadeo
17 Out 2024

Esta semana o grupo municipal do BNG de Ribadeo acudiu ao consistorio despois de que o goberno municipal denegara, por primeira vez, unha copia das certificacións de obra para comprobar "a 1 de outubro só ía executado o 26,42 % do total do orzamento da obra, cando se cumpre un ano do inicio das actuacións que teñen un prazo de execución de 18 meses. As obras deberían estar rematadas o vindeiro mes de marzo".

Segundo declarou Pablo Vizoso "despois dos impedimentos que nos intentaron poñer desde o Goberno municipal, esta semana acudimos a comprobar o que xa nos temíamos e denunciamos con anterioridade. As obras do Hospital-Asilo van ter moi difícil ser rematadas en tempo e forma. En 12 meses só se executou o 26,42 % do total da obra, de
aquí a marzo terían que executar un 74%. En tan só 6 meses. Unha vez máis, o alcalde volveu a mentirlle á cara ás ribadenses ao afirmar en varias ocasións que as obras avanzaban a bo ritmo".

Dixo ademais que para que as obras estivesen rematadas dentro do prazo "tería que multiplicarse por 6 o ritmo de execución dos 12 meses transcurridos, algo que semella practicamente imposible”. Mentres tanto, os usuarios e as usuarias do Hospital-Asilo "seguen desprazados lonxe da súas casas e cunha data de volta cada vez máis incerta". Desde o
BNG de Ribadeo demandan ao alcalde "que deixe de mentir ás persoas usuarias e á veciñanza e tome cartas no asunto para acelerar, o máximo posible, as obras de reforma desta instalación tan importante e esencial para Ribadeo e os seus maiores”.

0.1439208984375