O BNG de Ribadeo denuncia a falta de pediatra no concello

AMariñaXa
Despois de seis mesesos nacionalistas alertan que os veciños están sen atención pediátrica para as nenas e nenos
centro-saude-ribadeo
Centro de saúde de Ribadeo
15 Maio 2024

A proposta do BNG, a corporación municipal de Ribadeo vai instar á Xunta a que dote de pediatra de forma permanente o centro de saúde da vila. Despois de seis meses, e tras uns días nos que semellaba haber solución para este problema, os nacionalistas alertan que os veciños están sen atención pediátrica para as nenas e nenos. “Tanto se botou a presumir o alcalde de que lograra facer grandes xestións para solucionar este problema, que logo se viu que o único que se lle dá ben é falar por falar”, sosteñen.

O BNG acusa ao rexedor de faltar ao respecto aos profesionais da sanidade. Nesta ocasión, no pleno deste martes 14 de maio, acúsano dalgún que outro comentario “no que mostraba receo e desconfianza cara algún persoal non precisamente do concello”.  Desde o BNG de Ribadeo seguirán a apoiar aos veciños e veciñas, así como ao persoal sanitario, nas súas reivindicacións demandando a cobertura da baixa en pediatría (ou en calquera outra especialidade) así como as vacacións que se vaian ir xerando. “Non podemos volver a padecer uns servizos sanitarios vidos cada vez a menos, cun verán cunha poboación triplicada e un terzo do persoal sanitario necesario”.

0.13725304603577