O BNG de Foz pide instar ao Goberno do Estado a retomar as obras na fochanca da N-642

Foz
AMariñaXa
O Mitma está a executar as obras de emerxencia na estrada N-642 e o luns 20 abrirase un desvío provisional
Obras desvio N 642 2023 2
27 sep 2023

Para O BNG de Foz a situación provocada pola fochanca na N-642 entre os kilómetros 41 y 47, a altura da praia de Areoura, no Concello de Foz é "un caso paradigmático do abandono por parte dos gobernos estatal e galego".

Un problema nunha estrada deixou A Mariña partida pola metade e puxo unha vez máis de manifesto que as reiteradas peticións de investimentos nestas infraestruturas non son un capricho. Son investimentos imprescindibles para vertebrar e conectar a comarca.

No BNG de Foz "xa temos presentado mocións e rogos demanda construción da Autovía A-74, que comunicaría Barreiros con San Cibrao, así como o prometido po la Xunta no tramo San Cibrao-San Sadurniño. As nosas propostas foron adiadas po los sucesivos gobernos de PP e PSOE no estado e o PP na Xunta, dando a unha ausencia de vías alternativas como o acontecido". Nos orzamentos do Estado e da Xunta para este ano 2023 as vías de comunicación vertebradoras da provincia aparecen con partidas simbólicas, o que indican "o escaso interese que se lles vai seguir prestando".

O incidente foi a finais de xaneiro de 2023 e despois de iniciarse a reparación da fochanca na N- 642, con etapas reguladas por semáforo e coas limitacións actuais (reductores de velocidade e provisionalidade evidente nunha zona permanentemente provisional co perigo que supón dado o intenso tránsito que soporta), "seguimos igual. Pasou o verán co difícil e perigoso acceso de usuarios á praia de Areoura. Durante todo o mes de agosto e até o momento as obras están completamente paradas po lo que os prazos no seu remate quedan indefinidos e os usuarios continúan con incertezas e preocupación diante da ausencia de prazos creibles".

Por iso o Grupo Municipal do BNG de Foz propón ao Pleno instar ao Goberno central a retomar e executar unha rápida reparación da N-642 que posibilite a normalización total e definitiva do trafico na mesma que permita a necesaria comunicación entre os concellos da comarca.

Reclama ao Goberno do Estado que se priorice a A-74/Autovía da Mariña, cunha dotación económica suficiente nos orzamentos do Estado como para retomar dende xa a súa execución e propiciando que se poidan acurtar os prazos das obras e evitar a ausencia de vías alternativas como se demostrou coa fochanca da N 642.

"Propoñemos tamén á Xunta de Galiza que priorice a VAC/VAP Costa Norte San Sadurniño-San Cibrao cunha dotación económica suficiente nos orzamentos da Xunta como para retomar dende xa a súa execución e propiciando que se poidan acurtar os prazos das obras; sobor de todo nos tramos de A Mariña", din os nacionalistas focegos.

Obras desvio N 642 2023 1
0.071485996246338