O BNG de Foz denuncia a falta de cobertura médica e a ocultación premeditada no centro de saúde

Foz
AMariñaXa
O BNG de Foz vén de denunciar a falta de cobertura médica e a ocultación premeditada no centro de saúde de Foz.
doctor medico medicina snaidade 3
doctor medico medicina snaidade 3
26 dic 2022

O BNG de Foz vén de denunciar a falta de cobertura médica e a ocultación premeditada no centro de saúde de Foz.

"O PP continúa na sua folla de ruta de desbroce na sanidade publica, especialmente en atención primaria. Agora, desbordados de ineficacia, tratan de agochalo. Así, o 24 de decembro cunha proba deportiva multitudinaria, non houbo médico no centro de saúde de Foz", din dende o grupo nacionalista focego.

"En Foz vímos sufrindo o desleixo santario co silencio cómplice do PP local ao que non lle importou a discriminación ao non ubicar dun PAC no momento do deseño do mapa de asistencia sanitaria do SERGAS, ou a retirada do servizo de urxencias 24 hs (creado pola ausencia da figura de PAC)", din, "unha retirada en pleno mandato do PP local, iso sí negando que fose a acontecer e acusando ao BNG local, cando o fixo publico, de mentir, nunca se desculpou".

Tamén denuncian anticipadamente a perda do técnico de emerxencias sanitarias, "caso único en todolos dispositivos do 061 do SERGAS, tamén no mandato do PP local". "A xubilación dunha técnico en coidados sanitarios hai 6 anos, non se cubri máis. Nos últimos anos a falta de cobertura en ausencias programadas en todalas categorías profesionais, é continuo", engaden.

Unha praza de Facultativo de baixa en quenda de mañá, "leva case dous anos sen cubrir", outra praza de facultativo en quenda de tarde por traslado da profesional "outro ano máis", a especialista en Pediatría leva mais de 14 anos con redución de xornada asumindo por riba os pícaros de Alfoz e Valadouro". A ausencia de cobertura dos odontologos levaba aos pacientes a Ribadeo ou Burela. En pasadas datas deuse a presenza de tan so 2 facultativos (dunha plantilla de 6) "sen ningun tipo de explicación". Nos dous últimos anos "non se realizou o reforzo de facultativo para os visitantes de verán", as persoas diplomadas en enfermería "sufriron as mesmas fatas de cobertura e incremento da carga laboral, ao igual que o persoal administrativo e de servizos", engaden dende o BNG.

O centro de saúde de Foz dispón dun servizo de urxencias de mañá os sábados e festivos entre semana (para non sobrecargar ao PAC de Burela), cuberto por 1 facultativo e 1 DUE, e "este sábado 24 de decembro non houbo facultativo, e sabéndose anticipadamente o SERGAS prohibe anuncialo nas portas do centro, informa iso sí ao 061 a véspera pero non dá información clara as persoas traballadoras que quedan no centro".

"Esiximos a cobertura de todalas carencias descritas e agardamos que se cubra a asistencia o vindeiro 31 de decembro por que tememos que non está prevista e volva a intentar ocultarse", remataron dicindo.