O BNG critica que o Goberno local siga negándose a fomentar o uso da bicicleta en Viveiro

AMariñaXa
O BNG viveirense vén de criticar que o Goberno socialista siga negándose a fomentar o uso da bicicleta en Viveiro
bicicleta
bicicleta
7 feb 2023

O BNG de Viveiro critica que o Goberno socialista votase en contra, "punto por punto, de todas e cada unha das propostas incluídas" na moción do BNG sobre o proxecto para un Viveiro ciclable.

Logo de presentar rogos en agosto do 2020 e en febreiro do 2021 para poñer en marcha unha comisión de estudo para consensuar entre todos as principais liñas de actuacións, "continuamos á espera da devandita comisión que mesmo fora prometida pola alcaldesa na sesión plenaria na que votou en contra da proposta do BNG, e que en febreiro do 2021 volvía dicir que estaban a favor, pero que aínda non puideran creala...", din dende o BNG.

"Case tres anos despois resulta sorprendente que o Concello de Viveiro, que aprobou no 2019 unha moción sobre o recoñecemento do estado de emerxencia climática e que incluía unha serie de medidas propostas polo BNG, continúe á cola da mobilidade en bicicleta, sendo isto un dos principais eixos de transformación urbana da última década", engaden os nacionalistas.

Unha vez máis o BNG exixe convocar na maior brevidade ao equipo de Goberno, e facer unha Comisión de estudo e seguemento para acordar liñas de actuación que favorezan un Viveiro ciclable.

parada bus viveiro