O BNG alerta da situación que atravesa o sector primario en Lourenzá co foco na faba

AMariñaXa
Os nacionalistas cifran as perdas en preto do 80 % da producción da leguminosas e instan a buscar axudas
BNG-LOURENZA-BELÉN-FANEGO-BARREIRA
11 Dec 2024

O BNG de Lourenza indica que a situación que atravesa o sector primario en Lourenzá, tanto na gandeiría coma na agricultura, pero especialmente no que tén que ver coa faba é gravemente complicada, pois a producción da leguminosa acaba de sufrir as graves consecuencias do cambio climático con considerables perdas na producción debido a proliferación de enfermedades na planta. Unhas perdas, cifran os nacionalistas, que supoñen preto do 80 % da producción.

Desde o BNG aseguran que este feito implica que a economía local se vai ver  resentida, posto que o pequeno comercio tamén vai resultar prexudicado pola mingua dos ingresos das fabeiras. “E as perdas non acaban aquí xa que volver producir en condicións adecuadas levará tempo e diñeiro aos produtores e produtoras ao teren que sanear tanto as terras como mercar novas sementes, o que levará aparellado un maior nivel de gastos”, afirmou a portavoz nacionalista Belén Fanego.

MORATORIA NAS SUBAS DE AUGA E IBI

A edil trasladou unha proposta á alcaldía e a todos os grupos políticos da corporación municipal para que o Pleno do Concello de Lourenzá aprobe unha moratoria de polo menos un ano na aplicación da suba da taxa polo servizo de subministro de auga e pola suba do Imposto de Bens Inmobles (rústica e urbana), que foron aprobadas no pasado pleno do 13 de novembro, co voto en contra do BNG.

Os nacionalistas laurentinos consideran que os agricultores e gandeiros son un eixo fundamental no desenvolvemento da economía local e dado o momento que están atravesando está máis que xustificada esta proposta de moratoria.

Considerando tamén a merma que esta moratoria puidera producir na economía local ao reducir temporalmente o volumen de recadación impositiva, desde o BNG instan ao goberno municipal a buscar novas axudas e investimentos en todas as administracións para que as veciñas e veciños de Lourenzá sigan gozando de servizos de calidade, priorizando e estudando ben cada investimento que se fai, de xeito que se evite endebedar as arcas municipais axustando o gasto e buscando unha maior eficiencia nos proxectos novos que se emprendan.

 

0.15986108779907