O Barco Museo Reina del Carmen sobe ao estaleiro para tarefas de mantemento

AMariñaXa
O Barco Museo Reina del Carmen foi trasladado ao estaleiro para realizarlle tarefas de mantemento para afrontar a nova tempada de visitas
Barco Museo Reina del Carmen   reparacions1
21 Abr 2022

O Barco Museo Reina del Carmen foi trasladado ao estaleiro para realizarlle tarefas de mantemento co fin de afrontar a nova temporada de visitas a punto. 

Tras subilo ao varadoiro de Astilleros Armón, estase procedendo á limpeza e lavado do casco e calafateando as xuntas das táboas de fondos, costados e cubertas para evitar posibles filtracións de auga. Tamén se está a pintar o casco do barco, ao tempo que se fan revisións dos grifos de fondo e das botellas do temón. 

O edil de Turismo, Ramiro Fernández, quixo agradecer “todo o traballo que realizan desde Astilleros Armón para manter o barco en condicións óptimas, con profesionalidade e dedicación ao labor que fan cun dos emblemas do noso municipio”. Explicou que “este barco de madeira precisa un mantemento continuo precisamente por estar construído con este material, que se conserva desde hai máis de 60 anos”.

Prevese que aproximadamente nunha semana poda devolverse ao porto, onde se ubica para recibir visitas, tras este mantemento que se leva a cabo de cada dous anos. 

O antigo boniteiro dos anos 60 continúa sendo un dos maiores atractivos turísticos da vila, reconvertido en Museo Etnográfico da Cultura Mariñeira. Recibe multitude de visitas ao ano e permite vivir unha experiencia de aprendizaxe única sobre o mar. 

Calcúlase que os traballos de reparación e acondicionamento finalizarán aproximadamente nunha semana.

0.197340965271