O Automóbil Club Vegadeo organiza o XV Clásicos e deportivos-ruta do litoral
O Automóbil Club Vegadeo organiza en Vegadeo o próximo día 29 de outubro de 2022, o Roteiro Turístico XV Clásicos e deportivos-ruta do litoral para vehículos históricos.
Poderán participar vehículos posteriores “Young Timer” de series deportivas ou especiais con previa consulta á organización. Algúns Exemplos son o Ford Escort Cosworth, VW Golf GTI, VR6, Rallye MK2, BMW E30, Peugeot 205 Rallye, Peugeot 205 GTI, etc.
Esta proba desenvolvésese de acordo co Código de Manifestacións da FIVA, o Regulamento Xeral para Concentracións Turísticas da Federación Española de Vehículos Antigos – FEVA e co presente Regulamento Particular que foi aprobado pola FEVA.
Nesta edición, o roteiro turístico de vehículos históricos desenvolverase en dúas etapas. A primeira con saída desde Vegadeo por N-640 ata Porto, continuará dirección Reme, O Mondigo, A Devesa e desde A Rochela dirección Praia de Arealonga (Barreiros).
A etapa 2 terá saída desde a Praia Arealonga en Barreiros por LU-P0610 ata Praia de Vos Castros, aquí tomaremos estradas s/d ata Peirao Mirasol, e desde aquí por N-632 ata Porto. Chegado a este punto incorporámonos á N-640 ata chegar ao Recinto Feiral de Vegadeo.
Ás 11.30 horas é a data límite de presentación no parque de saída sito en Vegadeo, só para vehículos rexistrados. A data límite de inscrición é o 21 de outubro neste enlace.
Haberá un xantar no Restaurante A Yenka e farase unha entrega de premios ao gañador do XV edición Clásicos Deportivos Vegadeo-ruta do litora, ao vehículo máis antigo rexistrado na proba, á escuadra máis numerosa, ao condutor máis veterano, ao clásico deportivo, ao clásico popular, á parella vestida de época acorde á idade do seu vehículo e ao Gentleman driver.