O auditorio Félix Menéndez de Vegadeo acolle os Encontros Teatrais IES Elisa e Luís Villamil

AMariñaXa
O auditorio Félix Menéndez acollerá para este primeiro trimestre do ano os Encontros Teatrais IES Elisa e Luís Villamil
Hit the road (Panah Panahi 1
Hit the road (Panah Panahi 1
2 feb 2023

O auditorio Félix Menéndez acollerá para este primeiro trimestre do ano os Encontros Teatrais IES Elisa e Luís Villamil. Esta cita cultural que xa comezou será durante todos os domingos, exceptuando o 18 de febreiro e ata o 26 de marzo. A entrada é gratuíta.

O 5 de febreiro será a obra 'La memoria de las flores' do Grupo de Teatro Baluarte, o día 12 chegará 'La llave en el desván' de Odisea Teatro e o 26 'Cinco cuentos de Grimm contados por un abuelo orondo y un gato sabiondo' do Grupo de Teatro de la Ribera porá fin ao mes.

Xa en marzo, a primeira será o día 5 'Baile de huesos' do Grupo de Teatro Andanzas, o 12 'Pareja abierta' de La Capacha Teatro, o día 19 Teatro Kumen representará 'La comedia de las mentiras' e o 26 'Cuatro corazones con freno y marcha atrás' de La Trastienda rematará os encontros.

Vegadeo encuentros teatrales