O alumnado do IES Perdouro de Burela comezou unha campaña de recollida de alimentos

AMariñaXa
O alumnado do IES Perdouro de Burela comezou o 13 de marzo unha campaña de recollida de alimentos para o Banco de Alimentos da Mariña.
operacion kilo ies perdouro burela
operacion kilo ies perdouro burela
16 Mar 2023

O alumnado de 4º ESO de Iniciación á Actividade Empresarial e Emprendedora e de Economía do mesmo curso e de 1º de Bacharelato comezaron o 13 de marzo unha campaña de recollida de alimentos para o Banco de Alimentos da Mariña.

O cartel é da autoría de Shiva Eliska Alinda Nurhakim de 4º ESO B e estes días veranse polo instituto outros, tamén realizados por alumnado das materias citadas anteriormente.

Durante os recreos poderase entregar pasta, legumes, fariña, arroz, azucre, aceite, leite, conservas... A recollida rematará o 14 de abril.

operacion kilo ies perdouro burela
0.20833396911621